Programa1427
MP3•Thuis aflevering
Manage episode 452957854 series 2775978
Inhoud geleverd door Podcast de Corcovadomusica. Alle podcastinhoud, inclusief afleveringen, afbeeldingen en podcastbeschrijvingen, wordt rechtstreeks geüpload en geleverd door Podcast de Corcovadomusica of hun podcastplatformpartner. Als u denkt dat iemand uw auteursrechtelijk beschermde werk zonder uw toestemming gebruikt, kunt u het hier beschreven proces https://nl.player.fm/legal volgen.
Edición número 1427 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o venres 29 de novembro a través de RKV Radio Vigo, e o sábado 30 na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 4 de decembro a través de Radio Crónica Folk Musical e o sábado 7 na sintonía de Rádio Filispim. Hilario Rodeiro, batería de Ordes, leva preto de 15 anos a residir preto de Donostia. En xuño editou “Pausa”, un disco de música creativa cheo de síncopas achegadas ao pop-rock e melodías que, nalgúns intres, semellan entrar de cheo no terreo do free jazz. Gravou este disco en formato quinteto coa complicidade de Juan de Diego (trompeta), Eneko Dieguez (saxo alto), Julen Izarra (saxos tenor e soprano) e Kike Arza (contrabaixo). Con el abrimos o programa desta fin de semana, o número 1427. Sen saírmos do xénero do jazz contemporáneo, escoitamos tamén “The Pilgrimage”, a última gravación para Traumton do trío formado por Arne Jansen (guitarra), Anders Jormin (contrabaixo) e Uwe Steinmetz (saxos alto e soprano). Inspíranse na mística relixiosa asociada ás peregrinacións para construir un traballo de natureza devocional, tan ben producido coma intepretado. Dende o selo WeJazz recibimos outras dúas novidades. A primeira, o primeiro disco do cuarteto sueco-noruegués Unionen. A segunda, o primeiro proxecto do cuarteto de Hämeenlinna Oaagaada. Pechamos o programa con “Orchestras”, disco onde Bill Frisell reiventa parte do seu repertorio en clave sinfónica.
…
continue reading
70 afleveringen