Programa1384
MP3•Thuis aflevering
Manage episode 387257024 series 2775978
Inhoud geleverd door Podcast de Corcovadomusica. Alle podcastinhoud, inclusief afleveringen, afbeeldingen en podcastbeschrijvingen, wordt rechtstreeks geüpload en geleverd door Podcast de Corcovadomusica of hun podcastplatformpartner. Als u denkt dat iemand uw auteursrechtelijk beschermde werk zonder uw toestemming gebruikt, kunt u het hier beschreven proces https://nl.player.fm/legal volgen.
Edición número 1384 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o venres 1 de decembro a través de RKV Radio Vigo, e o sábado 2 na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 6 de decembro a través de Radio Crónica Folk Musical. No programa desta semana dámoslle minutos ás Leilía, quen logo de preto de catro décadas, veñen de anunciar a súa despedida co proxecto “Anque me vou non me vou”. O xoves 7 de xaneiro (que non de decembro, ollo a este dato) recalarán no Teatro Colón da Coruña antes da súa despedida final, o 13 de xaneiro no Auditorio de Galicia, en Compostela. Da despedida saltaremos a novos comezos, os de Guadi Galego e Sofía Espiñeira. Guadi vén de presentar o proxecto “Síntese Horizonte”, que botará a andar o vindeiro 26 de xaneiro no Teatro Principal de Compostela. Sofía Espiñeira, pola súa banda, comparte connosco o primeiro adianto do seu novo disco, “Xeografías”. Trátase dunha peza íntima, física e reflexiva. Levamos anos á espera do novo disco de Espiñeira, así que tomamos este feito como unha das grandes novas do final do ano. Vouvos presentar, ademais, o segundo sinxelo de “Fado Camões”, o novo disco da portuguesa Lina. Gravouno coa colaboración de Rodrigo Cuevas. Completaremos o programa con Carles Dénia, Nastasia Zürcher, Xoel López, Loiros e Alberto Vilas. Lembrade que este último presentará o seu novo disco, “Once cancións e unha danza”, o vindeiro sábado 9 de decembro no Multiusos da Xunqueira de Redondela.
…
continue reading
70 afleveringen